Saltar ao contido

Isabel Rábago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel Rábago
Biografía
Nacemento(es) Isabel Rábago Ríos Editar o valor en Wikidata
1 de abril de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Páxina webisabelrabago.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3042228 Twitter: RABAGOISABEL Instagram: rabagoisabel Editar o valor en Wikidata

María Isabel Rábago Ríos, nada en Ferrol en 1974,[1] é unha xornalista e colaboradora de televisión española. Foi responsable de Comunicación e Medios no Partido Popular de Madrid.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empezou a súa andaina xornalística na Axencia Korpa, aínda que pouco tempo despois comezou a colaborar e presentar varios programas de corazón e actualidade en diversos medios de comunicación: TVE, Telemadrid, Telecinco ou Antena 3. Traballou para medios de prensa escrita como ¡Qué me dices! ou El Mundo. Publicou os libros La Pantoja, Julián & CIA: Asalto a Marbella (2006) e Las últimas cortesanas (2007).[2]

En 2015 participou en Supervivientes, onde foi a terceira expulsada tras 28 días na illa.[3] Desde entón, traballou en diversos programas de Mediaset como Ya es mediodía, Viva la vida ou La casa fuerte.[4]

En 2018 incorporouse á política como responsable de Comunicación e Medios no Partido Popular de Madrid, formando parte da Vicesecretaría de Comunicación dirixida por Isabel Díaz Ayuso como encargada de levar a relación cos medios.[5] Mantívose no posto até outubro de 2019.[6]

Carreira televisiva

[editar | editar a fonte]
  • A 3 bandas (2007-2008) en Antena 3 como colaboradora.
  • Tal cual lo contamos (2010) en Antena 3 como presentadora.
  • Enemigos íntimos (2010-2011) en Telecinco como colaboradora.
  • Materia reservada (2011-2013) en Telecinco como colaboradora.
  • Vuélveme loca (2012) en Telecinco como colaboradora.
  • El programa del verano (2012-2016) en Telecinco como colaboradora.
  • Abre los ojos y mira (2013-2014) en Telecinco como colaboradora.
  • Sálvame Deluxe (2014) en Telecinco como colaboradora.
  • T con T (2014) en TVE como colaboradora.
  • Espejo público (2014-2015) en Antena 3 como colaboradora.
  • Supervivientes 2015 en Telecinco como concursante (3ª expulsada).
  • Pasaporte a la isla (2015) en Telecinco como colaboradora.
  • El debate de Supervivientes (2016-actualidade) Telecinco como colaboradora.
  • La mañana de La 1 (2016-2019) en TVE como colaboradora.
  • ¡Qué tiempo tan feliz! (2016-2017) Telecinco como colaboradora.
  • Viva la vida (2017-actualidade) Telecinco como colaboradora.
  • Ya es mediodía (2018-actualidade) Telecinco como colaboradora.
  • Buenos días, Madrid (2018-actualidade) Telemadrid como colaboradora.
  • La casa fuerte (2020) Telecinco como colaboradora.
  • Rocío, contar la verdad para seguir viva (2021) Telecinco como colaboradora.

Libros publicados

[editar | editar a fonte]
  • La Pantoja, Julián & Cía: asalto a Marbella (Espejo de Tinta, 2006)
  • Las últimas cortesanas (Espejo de Tinta, 2007)
  1. Isabel Rábago, la tertuliana encargada de proyectar la imagen de Díaz Ayuso
  2. "Quién es Isabel Rábago, periodista y colaboradora de televisión" (en castelán). 20 Minutos. 23 de marzo de 2021. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  3. "'Supervivientes': La expulsión de Isabel Rábago y la traición a Chabelita" (en castelán). La nueva España. 15 de maio de 2015. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  4. García, Cristina (26 de xaneiro de 2021). "Isabel Rábago recibe amenazas de muerte por criticar a los 'youtubers': "Te tiraría ácido en la cara para que sufras"" (en castelán). 20 Minutos. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  5. "Isabel Rábago salta de tertuliana en Telecinco a responsable de Comunicación y Medios en el PP de Madrid" (en castelán). Formula TV. 29 de maio de 2018. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  6. "Isabel Rábago deja de ser asesora de medios del PP" (en castelán). Formula TV. 10 de outubro de 2019. Consultado o 6 de maio de 2021.